Mundo Eco-Eco
Os colectivos, grupos, empresas cooperativas, asociacións e organizacións do mundo económico ecolóxico tecen novas redes para construíren espazos de decisión e desenvolvemento alternativos ao modelo dominante. Aquí recompilamos unha parte deles para que o noso visitante se faga unha idea do que é o mundo eco-eco.
Tamén queremos utilizar este espazo para dar impulso ao movemento alternativo de produción e consumo de alimentos ecolóxicos. Dende o GIEEA apoiamos tódalas iniciativas “alternativas” de produción, distribución e consumo de alimentos, posto que resultan fundamentais para poder fixar poboación no mundo rural e fortalecer a produción responsable e o aproveitamento dos nosos recursos propios.
Redes de Consumo
Nos últimos anos agromaron, tanto no Estado como en Galiza, múltiples experiencias alternativas de produción, distribución e consumo de alimentos. Estas iniciativas tentan rachar coa lóxica do modelo alimentario capitalista, coa agricultura do petróleo, coa grandes cadeas de distribución, co emprego de agrotóxicos, co consumo uniforme e de masas, etc.
Estás a navegar na categoría: Mundo Eco-Eco
Ligazóns
- Red de Economía Ecológica en España (EcoEcoEs)
- Red Iberoamericana de Economía Ecológica (REDIBEC)
- European Society for Ecological Economics (ESEE)
- The International Society for Ecological Economics (ISEE)
- Sociedad Española de Agricultura Ecológica (SEAE)
- Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA)
- Cooperativa Monte Cabalar
- Biocoop, S.C.G.
- Labregos Daiquí
- Daveiga produción responsable
- Cooperativa de Consumo Consciente Árbore
- A Hortinha da Ponte
